Persoaxes da Cousa

0
129

Veñen de se faceren públicos os papeis dos actores que integrarán o reparto vindeira precuela do filme de terror e ciéncia ficción de 1982, o clásico de John Carpenter A Cousa (The Thing), e as descripcións dos persoaxes tamén levan consigo importantes pistas sobre os puntos mais salientábeis do argumento.

Tal e coma se agardaba, a história tratará sobre o grupo de científicos noruegos que na Antártida descubren os restos dunha nave espacial extra-terrestre estrelada hai moitos séculos, pero que se mantivo viva por baixo do xelo. Os científicos deciden extraer a unha das criaturas, cos resultados que xa todos os fans do filme de Carpenter coñecen.

O que é abraiante é que só ún dos tres papéis principais é noruego; ainda que de feito dous dos científicos e mais un piloto do helicóptero falan en inglés, mentres que o principal persoaxe feminino que ceiba á criatura por accidente é americana. Os seus sentimentos de soidade entre un grupo de europeos que non falan inglés será unha das claves do argumento.

O filme, que será dirixido polo holandés Matthijs van Heijningen, conta cun guión de Ron Moore reescrito por Eric Heisserer, e escomezará a se rodar en marzo en Toronto.