Os Nolan falan de Inception

525

O director de O Cabaleiro Escuro, Christopher Nolan, ven de falar por fin sobre o seu vindeiro filme, que será o thriller Inception, concedendo a súa primeira entrevista dende hai moito tempo e NOVAFANTASIA tivo acceso a parte da mesma.

O filme será segundo Nolan, o seu meirande desafío xamáis enfrontado: “Imos tentar contar unha história nunha escala masiva, a unha escala de auténtico éxito de despacho de billetes, o mais grande no que xamais estiven vencellado. Tentamos facer un filme de escala moi grande con O Cabaleiro Escuro, e con este quixemos ir ainda mais lonxe“.

A história conterá moitísimos subargumentos: “Medrei mirando os filmes de James Bond e gostando deles e mirando filmes de espías coa súa sensibilidade de trotamundos… Quixemos facer iso aquí, non só xeográficamente senón tamén co tempo a as dimensións da realidade tamén. Fixemos unha película que é expansiva. Supoño que podes dicir que é en catro dimensións“.

Emma Thomas, a muller de Nolan e produtora do filme, dixo que a longametraxe é algo do que levan falando dende hai sete ou oito anos, e que o tamaño do proxecto foi meramente incidental. “Ao saír de O Cabaleiro Escuro, a única cousa que sabíamos realmente é que queríamos facer algo moi persoal. Semellaba que este era o intre axeitado para elo. O feito de que sexa realmente un filme enorme… iso nin sequera foi un factor na decisión. Esta história présta-se a un filme deste tamaño“, dixo Thomas.