Cranston vai a Marte

0
169

O protagonista de Breaking Bad, Bryan Cranston, é a última incorporación ao filme de Andrew Stanton John Carter de Marte que realizarán a Disney e mais a Pixar.

A adaptación da saga de novelas orixinais de Edgar Rice Burroughs, que será a primeira película con actores reais da Pixar, céntra-se na figura dun veterán da guerra civil americana (Taylor Kitsch) que é transportado misteriosamente a Marte, onde fica envolto no médio dunha loita interna polo poder entre razas aboríxenes.

Lynn Collins, Willem Dafoe, Samantha Morton, Dominic West, Polly Walker, Thomas Hayden Church, James Purefoy e Mark Strong son os outros protagonistas deste filme, que comeza a se rodar a semana que ven.