Johnston e os proxectos

0
187

Nunha entrevista antes de regresar ao traballo de The Wolfman, o director Joe Johnston tocou algúns temas que os fans do xénero fantástico non podemos deixar de lle preguntar: os seus proxectos cos filmes The First Avenger: Captain America e Jurassic Park 4.

Respeito ao Capitán América, confirmou que será unha história orixinal de como Steve Rogers se converte no superheroe e que probabelmente a súa orixe dos anso 40 sexa reconvertida nunha nova orixe nos tempos actuais.

Johnston semella moi contento de salientar que o Capitán América é un home poderoso, pero que non ten superpoderes: “É un home ordinário ao que se lle concedeu este abraiante regalo da transformación no espécime perfecto, o culme da perfección humana. Como lle afecta iso? Que sinifica para el emocionalmente e psicolóxicamente? Podes pensar que ten todo o que quería. Pois non, non-o ten. As regras mudan nese punto e a súa vida convérte-se en mais arriscada e perigosa“.

Respeito ao argumento, Johnston non quixo dar detalles: “Terá algunhas esceas de acción moi boas e cousas que nunca víramos até agora. Pero no fondo, hai unha história sobre este rapaz que todo o que quere é encaixar. Estas cousas acontecen e ainda non as aceptou. E ten que se probar a si mesmo que é un heroe, esencialmente debe desertar para salvar a un amigo“.

E sobre unha cuarta entrega de Parque Xurásico, Johnston só dixo que vai acontecer: “Vai ser algo moi distinto do que xa víchedes. Racha totalmente coas outras tres, é esencialemente o escomezo da segunda triloxía do Parque Xurásico. Vai-se facer dun xieto totalmente distinto. E iso é todo o que vos podo dicir polo de agora“.