A Lionsgate merca a Terminator

0
153

A Lionsgate está por ser a gañadora na poxa polos dereitos da franquía cinematográfica de Terminator grazas á súa aposta de 15 millóns de dólares en cartos en metálico e mais un 5% sobre os benefícios no despacho de billetes que poidan reportar as futuras entregas desta saga.

A Halcyon Group, actual propietária dos dereitos á venda, dixo que a Lionsgate é o cabalo gañador nesta poxa-venda debida a unha creba da compañía, que está a se enfrontar á súa desaparición nos xulgados. E isto sinifica que calquera outra empresa que desexe facer-se coa franquía deberá poñer sobre a mesa alomenos 750.000 dólares mais antes do vindeiro 5 de febreiro.

Tanto a Sony Pictures coma a Warner Bros. estaban interesada en adquirir os dereitos sobre o persoaxe que fixo famoso Arnold Schwarzenegger e ambas empresas teñen cartos abondo como para facer-se con el se realmente o desexaran.