A quen vas chamar?

0
147

Após de moitísimas novas e rumores ao seu redor, Ivan Reitman ven de confirmar nunha entrevista na canle MTV News que vai regresar cunha terceira entrega de Os Cazapantasmas.

Segundo o mesmo Reitman, que dirixiu os dous anteriores filmes en 1984 e 1989, os guionistas Lee Eisenberg e Gene Stupnitsky veñen de entregar un primeiro esbozo do libreto e xa están a traballar no segundo.

Ainda que non comentou ren sobre o argumento que hai nese guión, Reitman dixo que mantén a esperanza de poder comezar a rodar este mesmo ano e estrear o filme en 2011.