Candidatos para o papel de Conan

0
144

O guapeiras de Twilight Kellan Lutz, o coprotagonista de Stargate Atlantis Jason Momoa, e mais un terceiro actor mais famoso pero cuxo nome non trascendeu, están na lista de candidatos para interpretar a Conan o Bárbaro no vindeiro remake deste filme que está a preparar a Nu Image/Millenium. Marcus Nispel dirixe este proxecto que comeza a se filmar o vindeiro 15 de marzo en Bulgária.