Adiada a estrea de Piranha 3D

0
174

A produtora The Weinstein Company ven de adiar o lanzamento do novo filme de Alexandre Aja Piranha 3D. Orixinalmente a estrea estaba prevista para o 16 de abril, pero non se lanzará até o vindeiro 27 de agosto. Oficialmente o atraso é para non coincidir coa estrea do filme da Lionsgate Kick-Ass, pero extraoficialmente especúla-se con que se vai continuar coa postprodución. Outra explicación que se dá nos mentidoiros é que a distribuidora non conta cos cartos abondo nesas datas para poder financiar a promoción.