James Cameron ven de confirmar as esperanzas dos seus fans e os temores dos seus detractores: Avatar, a película que recadou mais cartos na história do cinema en España e cunha recadación de mais de 500 millóns de dólares só nos Estados Unidos, será unha triloxía. Unha actitude lóxica para o cineasta autor de obras de culto coma Terminator, Aliens ou Titanic. “As árbores, as plantas, as criaturas, o aparato motor e mais o esquelete dos persoaxes principais… todo levou moito tempo de creación como para bota-lo todo ao lixo“, afirmou o director de cinema nunha entrevista.
Segundo Cameron, a história do mundo de Pandora e mais o seu enfrontamento co exército humano e esa empresa trasunto das petroleiras foi concebida nun princípio coma unha saga. “Tiven en mente a trama dende o princípio e hai esceas que dexei porque apuntan cara unha secuela. Ademais, dende o punto de vista comercial, Avatar só ten sentido coma dúas ou tres películas“.
Mesmo barállan-se datas para a estrea da secuela, o verán de 2012. Unha predición precipitada, pero a rápida evolución da tecnoloxía e os millóns investidos pola Fox fan pensar en que filmar Avatar antes de que as imaxes fiquen obsoletas pode ser unha boa ideia.