O director de Lanterna Verde, Martin Campbell, ven de desbotar axiña os rumores que apuntaban cara a Jackie Earle Haley como primeiro na listaxe de candidatos a interpretar o persoaxe do maléfico Sinestro na vindeira adaptación do cómic á pantalla grande.
“Non, iso é totalmente falso“, dixo Campbell, quen confirmou que Mark Strong (Sherlock Holmes, Body of Lies) está xa en conversas para se facer co cobizado papel. En declaracións á MTV News dixo que “non só é un marabilloso actor, senón que realmente é coma Sinestro. Se mirades as vellas imaxes de Sinestro, son cuspidiños. Sobre o de Jackie Earle Haley, alguén mo dixo esta mañán: eu nunca oíra falar diso na miña vida“.
E respeito doutros persoaxes do cómic que aparecerán na película, Campbell dixo: “Kilowog estará. Tomar-Re está… Abin Sur está. Toda a xente orixinal“.