Actores para Skyline

630

Kate Mara, Eric Balfour e Laz Alonso veñen de se unir ao reparto do thriller de temática sobrenatural Skyline.

Segundo o argumento proporcionado pola produtora, e do que aínda non se sabe demasiado, cando unha forza sobrenatural varre á maior parte da povoación humana do planeta, unha banda de supervivintes deberá loitar polas súas vidas mentres o mundo se desfai ao seu redor.

Os irmáns Strause (Aliens vs. Predator – Requiem) dirixirán o filme que ten previsto escomezar a se rodar en xaneiro.