Son o director do Nº4

0
162

D.J. Caruso (Eagle Eye, Disturbia) ven de se confirmar coma o director que se encargará de realizar a adaptación ao cinema de I Am Number Four para a DreamWorks Pictures.

A vindeira novela de ciéncia-ficción de James Frey e Jobie Hughes vai sobre un grupo de novo áliens adolescentes que fuxen do seu planeta escapando dunha espécie hostil e chegan á Terra para se refuxiaren.

Mentres os rapaces tentan asimilar-se á súa nova cultura nun coléxio na Terra, o persoaxe principal (o álien número 4) descubre que aínda están a ser perseguidos polo inimigo que destruiu o seu planeta.

Al Gough e Miles Millar escribiron o guión deste filme, que contará coa produción de Michael Bay (Transformers). O libro, no que está baseada a película, chegará ás tendas en outono, e será o primeiro dunha série composta por seis tomos.