Corpos quentes de zombis

0
148

Jonathan Levine (The Wackness, All the Boys Love Mandy Lane) será o guionista e director dunha adaptación ao cinema de Warm Bodies para a Summit Entertainment.

Baseada nun libro orixinal de Isaac Marion e Bruna Papanadrea, a história é o relato existencial dun zombi atormentado chamado “R” e que comeza unha estraña relación de amizade coa moza dunha das súas vítimas.

A súa relación escomezará unha cadea de acontecementos que o transformará a el e mais aos seus colegas zombis.

Levine recentemente sustituiu a Nicole Holofcener coma director da comédia de James McAvoy e Seth Rogen I’m With Cancer que escomeza a se filmar en Vancouver o mes que ven.