Marc Webb en Spiderman 4

757

Xa é oficial. Tal e coma adiantara NOVA FANTASIA, o director de (500) Days of Summer Marc Webb será o director do novo episódio da saga de Spiderman, a franquía que escomezará unha nova etapa na Sony Pictures e na Marvel Studios.

Cun guión de James Vanderbilt, Webb traballará moi de preto cos produtores Avi Arad e Laura Ziskin para desenvolver este proxecto que ten previsto o escomezo da súa produción a finais deste ano, coa vista posta nunha estrea que será no verán de 2012.

Nunha rolda de prensa oficial, Webb dixo que “Este é un soño que se fai realidade e non podería ser mais consciente do desafío, responsabilidade ou oportunidade. A virtuosa interpretación de Sam Raimi de Spiderman é un humilde precendente que seguir e sobre o que construir. os primeiros tres filmes son moi queridos por unha boa razón. Pero coido que a mitoloxía de Spiderman transcende non só ás xeracións senón tamén aos directores. Non asino este contrato para tomar o mando sobre a obra de Sam. Iso sería imposíbel. Por non mencionar que sería arrogante. Estou aquí porque hai unha oportunidade para as ideias, as histórias e os argumentos que engadirán unha nova dimensión, un novo marco e unha nova voz creativa a Spiderman“.