Burton e Maleficient

0
193

Mentres a súa nova versión do culebrón gótico Dark Shadows semella atascar-se entre as negociacións cos produtores, o primeiro proxecto de Tim Burton após de Alícia no País das Marabillas podería ser algo que ninguén se espera.

Todo semella indicar que Burton está interesado en facer unha longametraxe con acción real baseada na maléfica raíña mala do conto de fadas de 1959 da Walt Disney A Bela Durminte. Moi semellante ao musical Wicked que volveu a narrar a clásica história de L. Frank Baum O Meigo de Oz pero dende a perspectiva da Malvada Bruxa do Oeste, o filme de Burton quere contar-nos a história da Bela Durminte pero dende o punto de vista da fada mala.

Ainda que o seu fermoso arte foi loubado por todos, coma filme A Bela Durminte non lle chega ao nivel a algunhas das súas predecesoras (coma Brancaneves). Este é un comentário moi escoitado en moitas críticas ao filme de 1959 e tamén á recente versión en Blu-Ray, e no que a Fada malvada (chamada Maleficient na versión orixinal) era doadamente o persoaxe mais interesante da história.

Os detalles deste proxecto ainda está por se desvelar, pero podería ser distribuido pola Disney, o mesmo que a recente Alícia de Burton.