George Lucas ven de revelar que co recente éxito de Avatar, os seus filmes da saga da Guerra das Galáxias gañarán unha actualización e un relanzamento en 3D moi probábelmente.
Preguntado sobre Avatar no decurso da recente gala de entrega dos prémios Globos de Ouro, Lucas dixo “Gostou-me. Eu fago filmes coma ese, así que podo aprezar polo que James Cameron tivo que pasar para acada-lo. Estou contento de que teña tanto éxito e d eque funcionara tan ben en 3D. Non fun un grand efan do 3D, pero ese filme definitivamente mellora o eido das tres dimensións“.
Lucas admitiu que xa estiveron a traballar na posibilidade de converter a Guerra das Galáxias ao formato 3D: “levamos anos e anos e anos tentando pasar a Guerra das galáxias a 3D. Pero a tecnoloxía non estaba aí. Estivemos loitando contra iso, pero coido que este é un novo impulso para que facer que aconteza“.