Os Piratas rodan en Hawaii

0
214

Mentres que os protagonistas da série de TV Perdidos van pechando as súas maletas nos decorados de Oahu, nas illas Hawaii, a Disney ven de desembarcar a súa equipa para anunciar que Piratas do Caribe: en Mareas Estrañas, a cuarta entrega das aventuras do capitán Jack Sparrow, vai-se rodar en Kauai e Oahu a partir deste verán.

A produción, que dirixirá Rob Marshall, ten previsto xerar uns custes de 85 millóns de dólares entre gastos directos e indirectos mentres estean a filmar en Hawaii, onde ven de se rematar a rodaxe do recente Hereafter de Clint Eastwood, outro filme fantástico que estivo a se producir en Maui até a semana pasada, e mais o filme de Alexander Payne The Descendents protagonizado por George Clooney, que xa está en post-produción.

A cuarta entrega da saga dos piratas chegará aos cinemas o 20 de maio de 2011.