De Saw VI ao Paranormal

0
174

O director da mais recente entrega da saga de terror adolescente Saw VI, Kevin Greutert, ven de asinar o contrato que o vencella á nova produción da Paramount Pictures, que será un remake do abraiante éxito do filme de baixo orzamento de Oren Peli Paranormal Activity.

A história do filme e mais o seu título aínda están en segredo, per oxa se sabe que Michael R. Perr escribirá o guión e que se agarda unha estrea para o 22 de outubro. Curiosamente, Greutert terá que competir esas datas nas carteleiras con outro filme dirixido por el mesmo, a 7ª entrega de Saw, que se estrea esa mesma fin de semana.

Jason Blum e Oren Peli serán os produtores do remake.