Cristo volverá resucitar

762

Ainda que The Resurrection of the Christ non é unha secuela nin un produto derivado do exitoso filme de terror gore de Mel Gibson A Paixón de Cristo, si que semella ser unha longametraxe que alomenos vai explorar o mesmo asunto que a súa predecesora, e partirá do punto onde ficou a anterior, contando cos mesmos populares persoaxes que xa fixeron as delícias de nenos e maiores nas súas anteriores aventuras.

O produtor Bill McKay está a desenvolver un proxecto cun orzamento de 20 millóns de dólares coa Samuel Goldwyn Films e que xa conta cun óco de seu nas axendas de estreas para 2011: a semana santa do ano que ven estará lista para as pantallas grandes baixo a dirección de Jonas McCord (The Body).

Dan Gordan (The Hurricane, Murder in the First) está a escribir o guión que explorará o destino dos mesmos persoaxes dos que xa tivemos novas na primeira entrega desta saga e que estiveron mais ou menos vencellados á crucifixión do protagonista: Póncio Pilato, Herodes, Caifás e Xudas.

O filme vai tanto sobre os persoaxes clave coma sobre Xesús. Queremos traer a dimensión do filme Gladiator do primeiro século ao ambiente político da época“, dixo McKay.

A rodaxe escomezará en xullo e durará unhas dez semanas entre Israel, Marrocos e Europa.