A igrexa eléctrica da Sony

0
146

A Sony Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a série de novelas de ciéncia-ficción de Jeff Somers The Electric Church.

A história está ambientada nun futuro próximo, onde a Terra está governada por unha federación de nacións e dirixida por un consello supremo.

Avery Cates é un gardacostas e asasino a soldo que na novela é obrigado pola policía do governo a matar ao fundador dunha igrexa que converte aos seus fieis transplantándo-lles os seus cerebros a corpos robotizados.

Trevor Sands (Redemption Falls) é o encargado de adaptar o primeiro dos tres libros que compoñen a saga (e dos que só apareceunas librarías o primeiro até agora) baixo o título The Avery Cates Project. Jimmy Miller é o produtor.