Serkis en Burke e Hare

0
172

Simon Pegg (The Adventures of Tintin: The Secret of the Unicorn, Tintin) ven de confirmar na súa páxina persoal no Twitter que o ex-protagonista da série de televisión Doutor Who, David Tennant, será sustituido polo actor d´O Señor dos Anéis Andy Serkis na vindeira comédia de terror Burke & Hare. Deste xeito, Serkis terá ocasión por fin de nos amosar o seu verdadeiro rosto, após de que á penas se poidera adiviñar baixo os efectos especiais que o converteron en Gollum e logo en King Kong.

Pegg e Tennant estaban vencellados aos papeis protagonistas neste filme dirixido por John Landis e ambientado no século XIX, no que uns ladróns de tumbas atopan un lucrativo negócio navenda de cadáveres á escola de medicina de Edinburgh.

As razóns da marcha de Tennant deste proxecto ainda non están aclaradas, pero é posíbelmente por mor doutros compromisos coa súa axenda. Tennant é o protagonista do recente episódio piloto da série da NBC Rex Is Not Your Lawyer que ía estrear-se en outono nun princípio. Pero agora que na NBC están a pasar unha série de cámbios obrigados pola marcha da súa estrela Jay Leno, todo fica no aire nestes intres.