The Walking Dead, mais zombis na tele

0
144

A canle por cable AMC ven de lle dar a luz verde a The Walking Dead, un telefilme (e pode que logo unha série enteira) baseado na série de novelas gráficas de Robert Kirkman ambientadas após dun apocalipse zombi. A história vai sobre un grupo de supervivintes, liderados por un oficial de policía que está á procura dun lugar seguro para a súa família. Frank Darabont escribiu a adaptación e será o director. Gale Anne Hurd, David Alpert e Darabont serán os produtores executivos.