Spiderman 4, orzamento baixo mínimos

0
155

A primeira sorpresa após do nomeamento de Marc Webb como director de Spiderman 4 é o orzamento. Se Spiderman 3 contara con 260 millóns de dólares, a cuarta parte só terá 80 ao seu dispór. Todo semella indicar que non haberá moitos efectos especiais e que o argumento estará baseado sobre todo na vida persoal como adolescente de Peter Parker, tal e coma se conta no cómic Ultimate Spider-Man de Brian Michael Bendis e Mark Bagley.