Scorsese en Hugo Cabret

0
155

Martin Scorsese está en conversas para se ocupar da dirección dun filme con acción real que adaptará o libro para nenos de Brian Selznick The Invention of Hugo Cabret para a GK Films.

O libro, que gañou a medalla Randolph Caldecott en 2008, céntra-se nun rapaz orfo que vive en segredo nos muros dunha ateigada estación de tren en París e está á procura dos reloxos. O rapaz ficará atrapado nunha misteriosa aventura cando intenta reparar un home mecánico.

Chris Wedge (Ice Age) era até de agora o director vencellado a esta produción. John Logan (The Aviator) escribiu o guión e todo semella indicar que este será o seguinte proxecto de Scorsese.

GK Films xa está en conversas coa Sony e mais a Paramount para atopar un distribuidor. A rodaxe está prevista para escomezar o vindeiro 1 de xuño en Londres.