A tumba segue fresca

0
148

O escritor Neil Gaiman vend e revelar que a adaptación ao cinema do seu libro The Graveyard Book aínda está pendente de se desenvolver, ainda que xa será cun distribuidor e mais un director novos.

O autor de Stardust e Sandman revelou nunha entrevista que “xa estaba todo preparado na Miramax Films. A xente dalí tivo unha longa e estupenda relación con Neil Jordan e todo estaba disposto e listo para escomezar, e logo, de súpeto, a Miramax foi mais ou menos borrada da existéncia“.

E continuou decindo: “converteu-se nun arquivo no despacho de alguén, máis ou menos… Pero seica case todas as pezas están na mesa outra vez. Teñen un estudo, teñen un distribuidor e agora están a axuntar o material e non estou autorizado a dicir ren mais“.

Está Neil Jordan (The Crying Game, Entrevista co Vampiro) ainda vencellado? Difícil de dicir. Gaiman está tamén a traballar no guión para outra novela de seu, Anansi Boy.

A Miramax Films, após de 39 anos no negócio do cinema, pechou oficialmente as portas das súas derradeiras oficinas en New York e Los Angeles hoxe, algo que se viña predicindo dende que a Walt Disney entrou na empresa e os irmáns Wenstein a abandoaran para crear a nova The Weinstein Co. hai anos.