Momoa é o novo Conan

709

O actor de 30 anos Jason Momoa (Baywatch Hawaii, Stargate: Atlantis) semella ser o elixido para interpretar ao protagonista en Conan, o filme da Lionsgate e mais a Millenium Films.

Marcus Nispel dirixirá esta nova reencarnación do clásico de Robert E. Howard Conan o Bárbaro e rodará unhas cantas escenas de  proba que permitirán a Momoa levar unha espada e comportar-se coma Schwarzenegger. Momoa gañou nesta loita polo papel ao protagonista de Twilight Kellan Lutz.

Mentres tanto, algún sítios Web informan que seica Mickey Rourke recebiu unha oferta para interepatar a Corin, o pai de Conan. Os mesmos rumores din que o terceiro actor que competía polo papel de Conan era o protagonista de Supernatural Jared Padalecki, quen traballara anteriormente con Nispel no remake do ano pasado de Venres 13.

A rodaxe está prevista para escomezar o vindeiro 15 de marzo en Bulgária.