Após da recente publicación do álbum O aniversário de Astérix e Obélix, o futuro da parella de célebres guerreiros galos ficou unha vez mais no aire. Xa non só pola discutíbel calidade da história, senon porque xa era evidente que Albert Uderzo deixou o camiño libre para aparcar os lápices indefinidamente. A cuestión era, morerrán os seus persoaxes coa sua retirada, ou pasarían a mans doutros artistas? Segundo o mesmo Uderzo en declaracións aos xornais franceses, será finalmente a segunda opción a que sairá adiante.
Iso si, ainda non se confirmou quen serán os seus sustitutos, se ben todo apunta a que saián da canteira de colaboradores que traballaron con Uderzo nos seus últimos anos, e entre eles os irmáns Frédéric e Thierry Mébarki. Polo visto, Uderzo padece dende hai anos un reumatismo na sua man dereita que lle obrigou a contar coa axuda doutros artistas. Tampouco sabemos cando volveremos ver un novo álbum dos irreductíbeis galos. Uderzo comentou que xa ten en mente un posíbel guión, pero polo de agora non é mais ca iso, unha ideia.
Non será nin a primeira nin a derradeira vez que un persoaxes sobreviven aos seus creadores. Aconteceu así con Spirou, Lucky Luke, Blake & Mortimer… Pero o certo é que ninguén conseguiu nunca igualar ao orixinal.