Avatar xa é a número 1

0
154

Os homes gato pandoriáns de James Cameron xa son oficialmente e cos números na man os protagonistas do filme que mais recadou da história do cinema, ao sobrepasar o luns Avatar a Titanic con 1,843 miles de millóns de dólares (1.318 millóns de euros) en todo o mundo.

O mesmo que aconteceu con Titanic, a maioría dos cartos recadados non proveñen dos Estados unidos, coma acontece normalmente cos records no cinema, senón que 1,29 miles de millóns de dólares foron obtidos nos mercados mundiais. Actualmente o filme está en exhibición en 111 países de todo o mundo, converténdo-se asemade no filme con maior recadación internacional de todos os tempos.

Só nos Estados Unidos Avatar se fixo con 551 millóns de dólares, o que ainda a converte en segunda por atrás de Titanic, que fixo 600,8 millóns no país das barras e as estrelas. De todos os xeitos, e de continuar ao mesmo nivel, Avatar sobrepasará a Titanic tamén en América durante a semana que ven.

Dado que os prezos das entradas de cinema son hoxe moito mais caras que hai dez anos, a grande cuestión é por suposto o número de espectadores. Pero esta cifra mantén-se en segredo polo de agora.