Sam Worthington en Drácula

0
168

O actor australián de moda, Sam Worthington (Avatar, Clash of the Titans) será posíbelmente o protagonista da vindeira película épica de Alex Proyas, Dracula Year Zero, para a Universal Pictures.

Matt Sazama e Burk Sharpless escribiron esta estraña fusión de feitos históricos e ficción literária que vai sobre a vida do xoven príncipe transilván Vlad, mais coñecido coma Vlad o Empalador, e que foi a inspiración para que Bram Stoker escribira a súa novela de vampiros.

Este xiro no argumento levará ao príncipe a defender a Europa contra o Império Otomán, que pretende conquistar Roménia como primeiro paso para se facer co resto do continente.

Nun intre de desesperación, Vlad ascende a unha montaña onde reside un poder máxico maligno, coa esperanza de manter aos turcos afastados da súa terra. Ese poder axudará-o a vencer, pero ao prezo de lle converter nunha criatura da noite.

Michael De Luca será o produtor.