A Vida Escura

0
125

The Gotham Group, os estudos responsábeis do filme As Crónicas de Spiderwick, veñen de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela de aventuras submariñas de Kat Falls Dark Life.

A história está ambientada nun futuro cercano onde os niveles dos mares suben e as catástrofes naturais levan á xente a construir as suas casas no leito dos océanos. A acción céntra-se nun adolescente que vive nunha destas cidades e mais nunha rapaza que vive na superfície, e xuntos deberán loitar contra unha conspiración do governo.

Gregory Little, Ellen Goldsmith-Vein e Lee Stollman serán os produtores. Os estudos aínda están á procura dun director.