Novos plans para Greutert

0
198

A Twisted Pictures e mais a Lionsgate veñen de exercer os seus dereitos sobre o director de Saw VI Kevin Greutert e van-lle obrigar a que regrese á franquía e que dirixa a sétima entrega desta saga de terror, que el mesmo encargou-se de criticar dende o seu blog nestes últimos meses.

David Hackl (Saw V) era o realizar vencellado anteriormente ao proxecto, que tiña previsto converter-se en Saw VII 3D, pero foi desbotado pola produtora, que lle vai encargar outro proxecto.

O movemento dos estudos é abraiante, primeiro porque nunca se viu que se obrigase a un director a dirixir un filme contra a súa vontade, e segundo porque a semana pasada anunciaran que Greutert ía encargar-se do remake do filme sobrenatural de Oren Peli Paranormal Activity. O primeiro Paranormal gañou 123 millóns de dólares no despacho de billetes e acadou unhas críticas non demasiado malas, o que en calquera caso é mais do dobre que fixo a anterior entrega de Saw, que tivo quese contentar con 57 millóns.

A Paramount xa ten posta na axenda a estrea da secuela de Actividade Paranormal, no 22 de outubro, competindo directamente contra Saw VII 3D. Os analistas apostan porque todo é unha xogada da Lionsgate para se vingar da Paramount, coa intención de desbancar a Paranormal das carteleiras.

Agora a Paramount deberá atopar a toda presa un novo director, e a pregunta que se fai todo o mundo é de se poderá chegar a tempo para evitar que o Halloween deste ano estea dominado por Jigsaw, o protagonista da saga de Saw.