George Lucas e as fadas

881

O director e creador da saga da Guerra das Galáxias, George Lucas, ten previsto producir un filme musical en debuxos animados xerados por computador, un proxecto que se mantén baixo o maior dos segredos e que está actualmente en preprodución no Rancho Skywalker, o lugar de residéncia de Lucas.

O director das Tartarugas Ninja e de Dead of Night, Kevin Munroe, dirixirá este novo filme que se espera que conteña música procedente dunha variedade de fontes. Do seu argumento, á parte de que é obra do guionista David Berenbaum (Elf, As Crónicas de Spiderwick) o único que se sabe é que contén fadas.

Un voiceiro da Lucasfilm dixo que ainda era moi axiña para comentar detalles sobre este proxecto. Lucas está nestes intres rematando o seu traballo como produtor no filme de Red Tails.