Holmes na pista rápida

777

O produtor Joel Silver ven de desvelar nunha recente entrevista que debido a que a segunda parte de Sherlock Holmes vai entrar en produción moi axiña, o director Guy Ritchie ficará fóra da adaptación á pantalla grande do popular persoaxe de cómic Lobo.

Silver, que é o produtor de ambos os dous filmes, dixo que “non coido que o vaia facer agora. Os estudos queren que Guy e mais eu nos centremos en facer outra Sherlock Holmes… así que estamos a tentar ver se podemos facer rápidamente outro filme de Sherlock Holmes. Temos algunhas ideias e algúns bós puntos para o argumento“. E no canto de se decidir por un adiamento, Silver engadiu que moi probábelmente elixirán a outro director para Lobo.

E respeito aos rumores que apuntan cara a Brad Pitt aparecendo no papel do Profesor Moriarty na seguinte entrega de Holmes, Silver dixo que “Ben, quero dicir, xa falamos sobre iso nalgún intre, pero xa sabes que agora mesmo non estamos seguros do que imos facer. Xa veremos o que pasa“.