Muccino embarca en Passengers

0
164

O director Gabriele Muccino (The Pursuit of Happyness, Seven Pounds) está en negociación moi avanzadas para se encargar da realización do filme de ciéncia-ficción e romance Passengers para a Morgan Creek.

O guión de Jon Spaihts está ambientado no futuro nunha nave espacial que está a facer unha viaxe de centos de anos de duración cara a outro planeta. E por mor dun fallo na programación do computador, un só pasaxeiro (Keanu Reeves) esperta do seu soño crioxénico só 90 anos antes que ninguén mais.

Enfrontado á perspectiva de medrar e morrer só, decide espertar tamén a unha fermosa muller. Stephen Hamel e James G. Robinson serán os produtores desta filme que comezará a se rodar en verán.