Hoult vai a Mad Max

0
215

O actor inglés Nicholas Hoult (A Single Man, Skins) ven de se unir ao reparto do vindeiro filme de George Miller, Mad Max: Fury Road, para a Warner Bros. Pictures.

A história, da que ainda non se coñece demasiado, estará ambientada un pouco despois dos acontecementos narrados no filme de 1985 Mad Max: Mais aló da Cúpula do Trono, cando o persoaxe de Max ainda era novo. Charlize Theron e Tom Hardy serán os protagonistas principais.

A actriz e cantante Zoe Kravitz (The Brave One), a actriz australiana Adelaide Clemens (Love My Way, Wolverine) e mais a xa anteriormente mencionada Teresa Palmer están tamén en conversas para se unir ao reparto desta longametraxe.

Hoult interpretará a Nux, Kravitz fará de Cinco Viúvas e Palmer e Clemens participarán a bordo dun convoi perseguido polos malos. A rodaxe arrincará en Austrália a finais deste ano.