A negra proa da miña góndola corta suavemente as calmadas augas dos canais. A lustrosa embarcación serviume ben durante moitos anos, levando aos pasaxeiros a través dos canais da cidade baixo as mans dirixentes das xeracións dos meus antepasados.
O sol ocultábase sobre a antiga cidade, tornando as augas nunha cinta negra estendida entre os edificios de pedra arenisca. Respirei fondo a fresca airexa do serán.
Haberá algún sitio máis fermoso que esta marabillosa cidade de canais? Mentres a barca entraba coidadosamente na súa amarradoira, parei a contemplar con satisfación cómo se escurecían os ceos de Marte.
Fin
(Tradución de Ana Xaubet)