Nominados aos Oscar 2010

0
343

As nominacións para os 82º prémios anuais da Académia de Cinema de Hollywood xa son oficiais, e coma era de agardar, cun máximo favorito: Avatar con nove candidaturas.

Entre os nominados do cinema fantástico, hai que salientar asemade a District 9 e Star Trek con catro, e The Princess and the Frog, o último da Disney que ainda non chegou a Galiza, con tres.

No que respeita aos nosos intereses de xénero, a listaxe é esta:

  • Millor película: Avatar, District 9 e Up
  • Millor director: James Cameron por Avatar
  • Millor actor secundário: Woody Harrelson por The Messenger e Stanley Tucci por The Lovely Bones
  • Millor filme de debuxos animados: Coraline, Fantastic Mr. Fox, The Princess and the Frog, The Secret of Kells e Up
  • Millor guión adaptado: Distrito 9
  • Millor guión orixinal: Up
  • Millor dirección artística: Avatar, The Imaginarium of Doctor Parnassus e Sherlock Holmes
  • Millor cinematografía: Avatar e Harry Potter and the Half-Blood Prince
  • Millor deseño de vestiário: The Imaginarium of Doctor Parnassus
  • Millor edición: Avatar e District 9
  • Millor maquillaxe: Star Trek
  • Millor banda sonora: Avatar, Fantastic Mr. Fox, Sherlock Holmes e Up
  • Millor canzón: Almost There, de The Princess & the Frog e Down in New Orleans, de The Princess & the Frog
  • Millor curta animada: French Roast, Granny O’Grimm’s Sleeping Beauty, The Lady and the Reaper, Logorama e A Matter of Loaf and Death
  • Millor edición de són: Avatar, Star Trek e Up
  • Millor mistura de són: Avatar, Star Trek e Transformers: Revenge of the Fallen
  • Millores efectos especiais: Avatar, District 9 e Star Trek