Wilde no Salvaxe Oeste

0
177

Olivia Wilde (Tron Legacy) está negociando a súa participación como protagonista do filme que adaptará o cómic Cowboys and Aliens ao cinema na Dreamworks Pictures e a Platinum Studios.

Este western de ciéncia-ficción explora o que acontecería se os vellos e tradicionais inimigos do salvaxe Oeste (os índios e os vaqueiros) deben unir as súas forzas contra unha invasión alieníxena das pradeiras americanas na Arizona da metade de século XIX.

Wilde interpretará a un persoaxe chamado Ella que se une a un misterioso pistoleiro (Daniel Craig).

Jon Favreau dirixe este filme a partir dun guión de Alex Kurtzman, Roberto Orci e Damon Lindelof. Kurtzman, Orci, Steven Spielberg, Ron Howard, Scott Mitchell Rosenberg e Brian Grazer son os produtores.