Eu, Frankenstein

0
158

Lakeshore Entertainment e dous dos cineastas clave que estiveron após de Underworld unirán as súas forzas unha vez mais para crear o thriller fantástico contemporáneo I, Frankenstein.

Baseada nunha novela gráfica da Darkstorm Studios que ainda está por aparecer, a história vai sobre o monstro orixinal de Victor Frankenstein que é a única forza que está entre a raza humana e unha nova raza de criaturas sobrenaturais que están desexando conquistar o mundo.

O guionista da saga de Underworld, Kevin Grevioux, será o encargado de escribir o libreto deste proxecto e o deseñador de efectos especiais reconvertido en director Patrick Tatopoulos (Underworld: Rise of the Lycans) porá-se após das cámaras.

Tom Rosenberg, Gary Lucchesi e Richard Wright serán os produtores. Kevin Grevioux e mais Robert Sanchez serán os produtores executivos deste filme, cuxa rodaxe está prevista para escomezar en xullo.