Norm do Norde

0
153

A Lionsgate e mais a Crest Animation Studios van-se unir para un novo proxecto, que será o seu segundo conxunto, a longametraxe familiar de debuxos animados en 3D estereoscópica Norm of the North, prevista para se estrear en 2012.

O guión de Steven e Daniel Altiere céntra-se en Norm, un oso polar que atopa refúxio nunha estación de investigación abandoada cando a súa casa no Ártico comece a se desfacer por mor do quencemento global, deixándo-o sen fogar. Estará acompañado por tres lemmings árticos, compañeiros que cópian instintivamente todos os movementos de Norm. Mentres a capa de xeo do Ártico continúa a se desfacer, a súa nova casa é transportada de súpeto e os persoaxes rematan en New York, onde Norm descubre que após do desastre do Ártico está unha empresa multinacional, da que el se converterá na súa mascota.

De súpeto Norm comeza a vivir o seu soño de se converter en estrela do baile, pero desgrazadamente axiña se decata de que os xeos polares continúan a se desfacer e que a xente que fixo que o seu soño se convertese en realidade é a responsábel. Norm sabe que debe dete-los antesde que destrúan a súa casa para sempre, algo que o forzará a elixir entre a súa vida entregada aos focos e a comunidade enteira de osos polares.

O proxecto é o segundo filme nunha saga de tres longametraxes que asinaron para producir conxuntamente os estudos. O anterior foi Alpha and Omega 3D, que será estreado en outubro.