O Capi, en marcha

0
176

O director da recente The Wolfman, Joe Johnston, ven de escomezar a súa promoción para o devandito novo filme, pero non escapou das preguntas das prensa que xa lle están a cuestionar sobre o seu seguinte proxecto, o filme de alto orzamento da Marvel Studios sobre o Capitán América.

Johnston revelou que xa está a traballar na preprodución en Manhattan Beach (Califórnia) con Rick Heinrichs, un experto no deseño de produción: “É a parte do proceso que mais me gusta. Temos oito ou dez artistas de talento, e sentamos todo o día e debuxamos propostas… esta é a fase da produción onde non importan os cartos“, dixo moi emocionado.

Actualmente o plan é comezar a acción do filme en 1942 e 1943 durante a Segunda Guerra Mundial, e logo “ir cara adiante ao que están a facer co Capitán América hoxe en día… imos tentar evitar todo ese rollo dos cómics dos anos 60 e 70“.

O filme comezará a súa produción a finais deste ano, coa vista posta nunha estrea que será o 22 de xullo de 2011.