Morel fala de Dune

0
253

O director de Taken e From Paris with Love, Pierre Morel, ven de revelar que o traballo no guión para a súa vindeira adaptación do clásico da ciéncia-ficción Dune de Frank Herbert escomezará este mes.

Morel dixo: “Estamos a escomezar dende cero. Peter tiña unhas ideias que non eran as miñas, e estamos a recomezar dende o princípio outra vez. Non coido que vaiamos manter ningún elemento do guión de Peter Berg. Era bó, realmente. Era interesante. Só que simplemente non era a nosa visión. Non che podo dicir agora mesmo quen o vai escribir comigo, será oficial o mes que ven. O trato ainda non está pechado“.

A tarefa levará-lle vários meses, e será algo que sen dúbida lle levará moito choio, considerando a anterior adaptación ao cinema da novela, o filme de 1984 dirixido por David Lynch: “Todo o mundo que leu Dune fíxo-o coas imaxes de David Lynch na cabeza. Así que temos que nos afastar diso. Non é un remake do filme de David Lynch. Imos facer unha re-leitura, unha completamente nova aproximación ao libro, unha verdadeira aproximación, ao material orixinal“, dixo.

O realizador francés dixo que lle encataría pdoer rodar o filme en 3D, porque a história ten o fundamento para iso. Nombergantes hai outros problemas que resolver primeiro incluindo os desafíos da história, coma os monólogos interiores do persoaxe protagonista: “teremos que amosa-los na pantalla e atopar a maneira correcta de face-lo visualmente interesante“.