A Muller de Negro

0
180

O director James Watkins (Eden Lake) será o encarregado de realizar un remake do telefilme de 1989 The Woman in Black, que daquela dirixiu Herbert Wise.

A Exclusive Media Group e mais a Hammer Films obtiveron os dereitos da obra orixinal, un libro gótico de 1983 de Susan Hill con todo o sabor da clásica história de pantasmas vitoriá, e farán unha nova versión que será a primeira película da nova Hammer en 3D. O guión escribirá-o Jane Goldman, que conta entre as súas anteriores obras Stardust e Kick-Ass.

A história de pantasmas céntra-se nun avogado que é enviado pola súa empresa para vender a casa dunha viúva recentemente falecida. O avogado atopa que os residentes non queren falar moito da casa ou achegar-se a ela, e ninguén lle recoñecerá que saben quen é unha misteriosa muller de negro que atopa dentro dela.