Da Web ao cinema

0
337

Se até agora víramos cómics convertidos en películas, telefilmes pasados ao cinema, libros que dan o chimpo á pantalla grande… fallaba que un sítio web tivera esa mesma oportunidade. E Musunahi, un sítio Web tamén coñecido coma o Museu da História Sobrenatural, vai converter-se nunha longametraxe grazas á Dreamworks Pictures.

A história vai-se centrar no encargado dun museu que é en realidade unha organización secreta que ten como obxectivo protexer e gardar os segredos mais grandes do mundo. Os estudos queren atopar dous escritores que transformen esta ideia nun guión.

O sítio web ten un tón mais ben humorístico, se ben non falla quen o tome todo coma feitos reais, e defíne-se a si mesmo coma “o National Geographic do mundo paranormal“, segundo o seu creador Ernest Lupinacci.

Walter Parkes e Laurie MacDonald serán os produtores desta adaptación ao cinema.