A longametraxe de Ubik

0
196

UbikA Celluloid Dreams ven de se facer cos dereitos para converter a novela de 1969 de Philip K. Dick Ubik en filme para a pantalla grande.

Ubik é unha novela moi filosófica, un pesadelo sobre a morte e a salvación, anunciada coma unha das cen millores novelas en inglés de todos os tempos pola revista Time.

O filme será producido por Hengameh Panahi da Celluloid Dreams e por Isa Dick Hackett, a filla do escritor, que pertence á Electric Shepherd Productions. Agárda-se que a produción escomece para primeiros de 2009.

As obras de Dick xa foran convertidas anteriormente en memorábeis adaptacións ao cinema, coma no caso de Blade Runner, Desafío Total, Minority Report e A Scanner Darkly.