Avatar, número 1 en USA

0
153

A película de James Cameron Avatar, que xa era o filme con maior recadación da história do cinema en todo o mundo, xa o é tamén nos Estados Unidos, onde grazas a un totoal de 601 millóns de dólares ven de sobrepasar a Titanic, que tiña 600,8 millóns até de agora. O récord de Avatar chegou en tan só sete semanas, mentres que Titanic precisou case un ano de exhibición nos cinemas. A redación mundial xa leva mais de 2.000 millóns de dólares.