Se estades algo confusos polos tráilers do vindeiro filme de Chris Nolan (O Cabaleiro Escuro), o thriller Inception, alomenos non sodes os únicos. O protagonista Leonardo DiCaprio semella estar tan abraiado polo argumento da película coma o resto dos mortais e afirma non ter unha ideia clara do seu argumento.
“É Chris profundizando no psicoanálise dos soños e ao mesmo tempo, facendo un filme surreaista e de alta octanaxe xurdido da súa mente. El escribiu todo, e todo ten senso para el. Non tivo senso para moitos de nós cando o fixemos. Tivemos que facer unha manchea de traballo de detective para averiguar de ué ía o filme“, revelou á prensa nunha recente entrevista.
As actuais especulacións falan de que o filme irá sobre unha tecnoloxía que permite á xente entrar no subconsciente dos outros, onde poden roubar ou implantar novas ideias. Pero até a estrea de Inception, o vindeiro 16 de xullo, non saberemos a verdade.