Non hai director para os símios

0
127

O produtor Peter Chernin está a ter moitos problemas para atopar un director de alto nivel interesado na franquía de O Planeta dos Símios. Nin Kathryn Bigelow, nin Robert Rodriguez nin Tomas Alfredson aceptaron a oferta realizada pola Fox para dirixir o filme Caesar, que era o proposto relanzamento da saga. Os últimos en rexeitar nin sequera entraron a considerar a oferta: Albert e Allen Hughes (From Hell, The Book of Eli), Pierre Morel (Taken, From Paris with Love), James McTeigue (V for Vendetta, Ninja Assassin), Dennis Illiadis (The Last House on the Left) e Scott Stewart (Legion).