Daredevil, volve o heroe

0
194

Coa 20th Century Fox falando xa dun relanzamento da súa saga dos Catro Fantásticos, semella non ser unha grande sorpresa que os estudos estean tamén a planear outro volta de rosca sobre o persoaxe da Marvel Comics Daredevil.

O mesmo que acontece con outros casos semellantes, os estudos teñen a obriga contratual de seguir facendo filmes baseados en certos persoaxes se non queren perder os dereitos sobre os mesmos, que regresarían ao seu dono (neste caso a Disney, recente compradora da Marvel).

O cómic fora adaptado previamente en 2003 con Ben Affleck, Jennifer Garner, Michael Clarke Duncan e Colin Farrell nos papeis principais. Cun orzamento de 78 millóns de dólares e uns ingresos no despacho de billetes de 179,2 millóns en todo o mundo mália unhas críticas moi negativas (especialmente dirixidas a Affleck), agora os estudos queren facer algo distinto e pode que tenten unha versión dirixida a un público mais adulto. De feito, en 2005 lanzou-se unha versión para maiores de 18 en DVD con 30 minutos mais de esceas, e obtivo unha resposta mais positiva.

Para a nova versión, David Scarpa (The Day the Earth stood still) escribirá o guión e Peter Chernin será o produtor.