O burato de Dante

0
175

Joe DanteO director Joe Dante regresará ao xénero de terror con The Hole, unha longametraxe sobre dous irmáns que se mudan a unha casa nova e descobren un misterioso burato no soto que semella non ter fondo.

The Hole, que está agora en preprodución, conta cun guión de Mark L. Smith (Vacancy). Será unha coprodución entre a Bold Films e mais a BenderSpink.

Dante está tamén traballando en Bat Out of Hell, un filme sobre un monstro nun vóo secuestrado. Os seus títulos anteriores inclúen filmes de xénero tan ben coñecidos coma Piranha, The Howling e Gremlins.